Skip to main content

News

Amor máis aló da morte: a lenda de Lady Hester

Amor más allá de la muerte: la leyenda de Lady Hester

A Coruña é unha cidade centenaria que agocha segredos e historias moi interesantes. As súas rúas empedradas e os seus cantís fronte ao mar foron testemuñas do nacemento de relatos de todo tipo, dende a orixe mitolóxica da Torre de Hércules ata a serea do Orzán. Tamén é terra de espíritos, e hai un en particular que leva séculos conmovendo aos coruñeses: a lenda de Lady Hester, unha turista fantasma que cada 16 de xaneiro visita a tumba do seu amado, o xeneral John Moore.

Breve historia

Lady Hester Lucy Stanhope naceu en 1776 no seo dunha familia aristocrática inglesa. O seu tío foi primeiro ministro e a súa vida social situouna, dende nova, no centro da política británica. Porén, o seu espírito inquedo levouna a romper moldes. Lonxe de comportarse como unha muller da época, Hester era viaxeira, independente e desafiaba as convencións sociais que tentaban impoñerlle sen éxito, cunha forza de vontade moi grande.

Sir John Moore naceu en 1761 e era un xeneral destacado do Reino de Gran Bretaña. Participou en múltiples escenarios bélicos, como a Guerra de Independencia dos Estados Unidos, as guerras napoleónicas ou varias campañas en Exipto. Como xeneral, gozaba dunha boa reputación, xa que trataba aos seus homes como persoas, e non como simples números dun exército.

O destino quixo que a historia destas dúas figuras quedase unida para sempre en A Coruña. En xaneiro de 1809, en plena Guerra da Independencia Española, Moore dirixía a retirada do exército británico ante o avance das tropas francesas. O seu obxectivo era salvar aos seus homes e embarcalos no porto coruñés. Porén, o xeneral foi ferido de morte o 16 de xaneiro durante a lendaria batalla de Elviña. Foi enterrado con honores no que hoxe é o Xardín de San Carlos.

O inicio da lenda

A partir dese momento, a historia militar deu paso ao mito. Aínda que, segundo os historiadores, non hai probas concluíntes de que mantiveran unha relación amorosa formal, a lenda insistiu en dotar o seu vínculo dun sentimento profundo e secreto. O que si se sabe é que ela conservou durante toda a súa vida un luva do xeneral, que levou ao seu leito de morte, polo que o seu lazo debía ser forte.

Segundo a versión máis contada, cada 16 de xaneiro aparece unha figura vestida de branco no Xardín de San Carlos, achegase á tumba de Moore e deixa unha flor antes de desaparecer entre a brétema. Así, Lady Hester rende tributo ao seu suposto amante incluso despois da morte.

A tumba de Moore é hoxe un lugar cheo de solemnidade e beleza, un recuncho no que a memoria do xeneral permanece viva, con vistas ao porto e ao océano. Un lugar que non debes perder se é a túa primeira visita á capital coruñesa.

Planifica o teu descanso

Se queres descubrir todos os lugares de lenda que che agardan en A Coruña, non dubides en preparar a túa estancia nun hotel perfecto para descansar despois dun longo día de exploración.

Podes reservar a túa habitación en Carrís Marineda, un punto ideal e ben comunicado coas principais vías de acceso á cidade, ao aeroporto e ao centro. Fai clic aquí e escolle a que mellor se adapte ao teu estilo.

Entrada:
Salida:
Ventajas exclusivas de reservar en la web