Este mes celébrase o San Juan e, con el, chega a esperada festa de São João da man de Hotel Carrís Porto Ribeira. E non só dicímolo nós, tamén o di a Axenda Cultural de Porto.
Unímonos ás celebracións oficiais da cidade cun arraial (festa) moi especial, aberto a todo o público, que terá lugar o 23 de xuño en plena Rua Infante D. Henrique, xusto fronte ao noso hotel, no corazón da ribeira.
Queremos compartir esta noite máxica cos nosos veciños e visitantes nun ambiente festivo, con música, boa enerxía e, por suposto, o mellor da gastronomía tradicional: sardiñas asadas, bifanas e caldo verde, acompañados de bebidas para todos os gustos.
Estaremos a servir durante toda a tarde e a noite, para que ninguén quede sen celebrar.
E se o que buscas é vivir esta noite máxica dunha forma aínda máis especial, as nosas habitacións con vistas ao Douro ofrécenche o escenario perfecto para gozar dos fogos artificiais.
Ademais, os nosos hóspedes están convidados a brindar connosco desde a nosa terraza privada con vistas ao río.
Esperámoste en Carrís Porto Ribeira!
Más información e reservas: portoribeira.events@carrishoteles.com.